Skip to content
buteloPublic

About

Gale — editor galego con dicionario da RAG e corrector ortográfico

Topics

Resources

Stars

0 stars

Watchers

0 watching

Forks

Repository files navigation

Gale

Editor de texto en galego cun corrector ortográfico propio e consultas ao Dicionario da Real Academia Galega mentres escribes.

Aplicación de escritorio feita con Tauri sobre CodeMirror 6.

Que fai

  • Corrector ortográfico en galego. O dicionario Hunspell do LibreOffice (VOLGa estrito, v20.08) compilado a WebAssembly e executado nun worker, de xeito que revisar o texto non bloquea o editor. As palabras descoñecidas van subliñadas en vermello.
  • Definicións e sinónimos. Ao pasar o rato por unha palabra aparece a entrada do Dicionario da RAG: acepcións, exemplos, sinónimos, frases feitas e remisións do tipo «véxase».
  • Suxestións e dicionario persoal. As palabras mal escritas ofrecen correccións nun clic, e podes engadir palabras propias que se lembran no navegador.

Demo

https://butelo.github.io/galeditor/

A versión web é só o editor e mais o corrector. As definicións non funcionan na web: academia.gal non envía cabeceiras CORS, así que o navegador non pode ler a resposta. Na aplicación de escritorio, que fai a petición dende Rust, si aparecen; na web amósase unha nota e mais unha ligazón á entrada correspondente no Dicionario da RAG.

Requisitos

  • Node.js 20 ou superior
  • Rust e as dependencias de Tauri, só para a aplicación de escritorio

Desenvolvemento

npm install
npm run dev          # servidor de Vite en http://localhost:5173
npm run tauri:dev    # aplicación de escritorio con recarga en quente

O servidor de Vite fai de proxy cara a academia.gal (véxase vite.config.js), polo que as definicións tamén funcionan no navegador durante o desenvolvemento.

Compilación

npm run build         # web: xera dist/
npm run tauri:build   # escritorio: .app e .dmg en src-tauri/target/release/bundle/

A aplicación de escritorio usa dist/ como frontend (src-tauri/tauri.conf.json). O base de Vite é / agás que se indique GALE_BASE; o fluxo de traballo de GitHub Pages define GALE_BASE=/galeditor/ porque un sitio de proxecto sérvese dende un subcartafol.

Versións

As versións publícanse cunha etiqueta:

git tag v0.1.0
git push origin v0.1.0

release.yml compila entón Linux x86_64 (.deb e .AppImage) e Windows x86_64 (.msi e instalador NSIS) e crea a release como borrador, para poder revisala antes de publicala.

O paquete de macOS non se compila en GitHub: faise nun Mac con Apple Silicon e súbese á mesma release.

npm run tauri:build

cd src-tauri/target/release/bundle
tar -czf Gale_0.1.0_aarch64.app.tar.gz -C macos Gale.app
shasum -a 256 dmg/Gale_0.1.0_aarch64.dmg Gale_0.1.0_aarch64.app.tar.gz > SHA256SUMS-macos.txt

gh release upload v0.1.0 \
  dmg/Gale_0.1.0_aarch64.dmg \
  Gale_0.1.0_aarch64.app.tar.gz \
  SHA256SUMS-macos.txt

gh release edit v0.1.0 --draft=false

Non se publica macOS x86_64. O binario de macOS vai asinado ad hoc, sen Developer ID, así que Gatekeeper avisa a primeira vez: hai que abrir o .dmg co botón dereito e escoller «Abrir».

Licenza

Gale distribúese baixo a GNU GPL v3.0 ou posterior. O dicionario ortográfico galego que se inclúe tamén é GPL-3.0, e iso é o que fixa a licenza do conxunto. En THIRD-PARTY-NOTICES.md están os detalles de todos os compoñentes de terceiros.

As definicións non se distribúen con Gale: consúltanse en liña e son © Real Academia Galega.

About

Gale — editor galego con dicionario da RAG e corrector ortográfico

Topics

Resources

Stars

0 stars

Watchers

0 watching

Forks

Releases

Packages

Contributors

Languages